«Café con versos» e monicreques para homenaxear a Rosalía en Ames e Brión

La Voz

AMES

Xoán A. Soler

En Padrón esta tarde presentarase o libro «Kompostela» de Fran Fernández Davila

22 feb 2024 . Actualizado a las 04:55 h.

O día do aniversario do nacemento de Rosalía é mañá venres, pero hoxe xa se celebran múltiples actividades para homenaxeala. Ames acollerá unha nova edición do «Café con verso» nos locais de hostalaría. Deste xeito, repartiranse unhas tarxetas con versos rosalianos para difundir a súa obra, pensamento e figura. Ademais, haberá animación musical con Luis O’Caruncho e Oli Xiráldez. O programa conta cun taller musical para a cativada na Casa da Cultura do Milladoiro. Ofrecerao Leticia Falcón.

En Padrón (20.00 horas, Auditorio Municipal) terá lugar a presentación de «Kompostela», coa que Fran Fernández Daviña gañou o certame poético Rosalía de Castro. En Brión, Carmen Domech ofrecerá o espectáculo de monicreques «Unha rosa cada día, xogando con Rosalía» (18.00 horas, sala municipal de exposicións).