O municipio barcalés incorpórase este ano ao circuíto da Agadic
09 ene 2025 . Actualizado a las 04:55 h.A Rede Galega de Teatros e Auditorios achegará 28 funcións de espectáculos escénicos a Santiago, Ames e Negreira durante o primeiro semestre deste ano. A gran novidade, precisamente, é a incorporación a este circuíto da Agadic do municipio barcalés co Auditorio Afonso Eanes de Cotón. Este acollerá catro espectáculos a cargo de Talía Teatro (25 de xaneiro), Malasombra Producións (14 de febreiro), Xarope Tulú (22 de febreiro) e De Ste Xeito Producións (14 de marzo).
Ames acollerá trece montaxes. Actuarán Sarabela Teatro, Contraproducións, Elefante Elegante, Amorodio Teatro, Xampatito Pato, Talía Teatro, Ibuprofeno Teatro, Marta Alonso Tejada, Morraoconto, Producións Teatrais Excéntricas, ButacaZero, iXa e Berrobambán. En Santiago serán cinco espectáculo con dobre función en todos os casos. Empezará coa estrea de «Guerra», de Teatro do Noroeste. Despois, chegarán Teatro de Ningures, Etiqueta Negra, Berrobambán e Producións Teatrais Excéntricas.