Dodro acollerá un curso sobre o patrimonio arqueolóxico da comarca

La Voz

DODRO

cedida

Está organizado pola UNED Sénior co apoio do Concello

17 mar 2021 . Actualizado a las 05:05 h.

Dodro acollerá un curso teórico-práctico sobre o patrimonio arqueolóxico na comarca do Sar. Será no local social do Montiño, en Imo, organizado pola UNED Sénior e o grupo + de 3 Asociación, coa colaboración do Concello. O docente será o arqueólogo padronés Anxo Rei Arca e o curso será todos os sábados pola mañá dende o 10 de abril ao 3 de xullo. Está dirixido a alumnado sénior con inquietudes en Arqueoloxía e Historia.