Inés Mosquera gaña o galardón poético Eusebio Lorenzo Baleirón de Dodro

DODRO

Inés Mosquera
Inés Mosquera .

A autora venceu coa obra «Upupú»

22 nov 2025 . Actualizado a las 04:50 h.

O Concello de Dodro acolleu onte o fallo do XVIII Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón, que recaeu na poeta natural de Carcacía, en Padrón, Inés Mosquera pola súa obra Upupú, presentada baixo o lema A ditadura da bubela. Ao certame, convocado polo Concello e coordinado pola poeta Silvia Penas, presentáronse corenta e dous traballos. O xurado destacou da obra premiada que se constrúe «entre o poema e o corpo dun paxaro. Unha poética concibida dende a linguaxe do animal, coa súa mesma axilidade e instinto». A entrega será o día 13 de decembro no colexio de Dodro e o poemario gañador será publicado.