Comida homenaxe a Marcos Torres con máis de 300 persoas, e viaxe a Melide á misa do 16

La Voz LALÍN / LA VOZ

MELIDE

06 nov 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Coincidindo coa última misa dominical de Marcos Torres como párroco titular das Dores, que terá lugar este domingo ao mediodía, e na que intervirán fregueses das súas parroquias de Bendoiro, Donramiro, Donsión, Prado, Filgueira e Lalín, celebrarase no pavillón municipal lalinense unha comida homenaxe para a que están anotados 330 adultos e 15 cativos. A pesar de que o prazo para a retirada de tarxetas finalizou o pasado día 3, resta aínda un puñado de prazas dispoñibles, apuntaron os organizadores do evento, que se poderán mercar ata mañá venres.

Por outra parte un grupo de fregueses avanzaron que se desprazarán o día 16 de novembro ata Melide para asistir á primeira misa de Marcos Torres na vila, «e conscientes de que hai moita xente que quere arroupalo nesa xornada, non desbotamos alugar un autobús sempre que contemos con suficientes veciños interesados en desprazarse a Melide», comentaron.