Mulleres Rurais de Melide presenta a exposición «365 Rostros de Mulleres Rurais»

La Voz

MELIDE

CEDIDA

A mostra recoñece o papel das mulleres no ámbito rural

11 nov 2025 . Actualizado a las 04:50 h.

A Asociación de Mulleres Rurais de Melide, Alecrín, presentou na capital comarcal a exposición «365 Rostros de Mulleres Rurais», unha mostra itinerante —ata mañá exposta no telecentro da cooperativa CLUN— para recoñecer e poñer en valor o papel das mulleres no ámbito rural. Cada unha das imaxes —unha por cada día do ano de mulleres anónimas— conta unha historia de esforzo, identidade e resistencia para, no seu conxunto, visibilizar a diversidade profesional, o impacto social, e o legado das mulleres no rural galego. A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), patrocina a exposición.