As melloras nos edificios anexos da Matanza avanzan e estarán para febreiro

La Voz SANTIAGO / LA VOZ

PADRÓN

PACO RODRÍGUEZ

As obras, nas que a Xunta está a investir 120.000 euros dende novembro, recibiron onte a visita do conselleiro de Educación, Román Rodríguez

27 dic 2017 . Actualizado a las 05:05 h.

Os edificios anexos á Casa Museo Rosalía de Castro, en Padrón, están en pleno proceso de obras para a rehabilitación xeral da súa envolvente (cubertas, carpinterías exteriores, canalóns e baixantes) e a reforma da antiga casa de Maruxa Villanueva, quen fora gardesa da Matanza, para dar acubillo ás novas oficinas da Fundación Rosalía. As obras, nas que a Xunta está a investir 120.000 euros dende novembro, recibiron onte a visita do conselleiro de Educación, Román Rodríguez, e o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo. Os traballos rematarán en febreiro.