Alumnos e profesores do colexio de Pumar, en Rois, participan nun simulacro de incendio
ROIS
Aprenderon como se debe actuar e responder ante un lume nas instalacións
27 oct 2024 . Actualizado a las 05:00 h.Alumnado e profesorado do Centro de Educación Infantil e Primaria (CEIP) O Pumar de Urdilde, no municipio de Rois, aprendeu máis días atrás sobre como se debe actuar e responder ante un incendio nas instalacións do colexio. Para iso, participaron nun simulacro no que o lume comezou, de xeito ficticio, na cociña do colexio. Despois de saír ao patio, tal e como establece o protocolo, agardaron nos dous puntos de encontro habilitados no patio do centro a chegada dos equipos de emerxencias.
No simulacro participaron efectivos de Protección Civil de Rois, do Grupo de Emerxencia Supramunicipal (GES) de Brión e o garda civil do posto de Muros que exerce de coordinador do plan director para a convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos e na súa contorna, dentro do acordo subscrito entre o Ministerio do Interior e as comunidades autónomas.
Ao rematar o simulacro, o alumnos puideron ver de preto como son os camións dos bombeiros e os coches de Protección Civil e da Garda Civil, algo que, se dúbida, gustou especialmente aos nenos que mesmo se subiron aos vehículos. Neste colexio do concello de Rois estudan na actualidade un cento de alumnos e conta con 13 profesores, ademais de tres persoas de servizos xerais e cociña.