Yéssica Nantón, Suso e Antonio de Xornes mediranse en palabras e improvisación no bar A Cerca, en Vilar de Céltigos
05 dic 2024 . Actualizado a las 16:43 h.Coñecen os xalleiros a regueifa de Bergantiños? Aqueles que si terán a oportunidade de gozala e, aqueles que non, de coñecela. Cando? Hoxe mesmo, xoves 5 de decembro, dende as 22.30 horas no bar A Cerca, en Vilar de Céltigos, no municipio de Santa Comba. No que a improvisación dialéctica se refire, mediranse dous pesos pesados deste mundo, Suso e Antonio de Xornes, e unha terceira voz que xa comeza a selo tamén, Yéssica Nantón, que por riba xoga na casa. Non será o único motivo para achegarse ao establecemento, que promete para esta noite acendido de luces, chocolate gratuíto ou actuación de acordeóns. Todo iso será a partir das 21.00, e antes do arranque dos tres regueifeiros. Pinchos a fartar!