Santos esperta do coma no capítulo final da temporada de «A lei de Santos»

La Voz REDACCIÓN / LA VOZ

PLATA O PLOMO

.

O chatarreiro que protagoniza a  serie que emite esta noite TVG, buscará vinganza

06 mar 2022 . Actualizado a las 10:15 h.

Despois do ataque da asasina misteriosa e de levar moito tempo en coma, no capítulo desta noite de A Lei de Santos, o último da temporada, o protagonista, por fin, esperta. No episodio desta noite, que emite TVG a partir das 23.00 horas da ficción de Voz Audiovisual, por fin o chatarreiro recupera a consciencia. 

Iso sí farao un pouco desorientado, pero co mesmo humor ao que ten acostumados os seus seres queridos. Santos non tarda en poñerse ao día de todo o que aconteceu durante o seu ingreso no hospital, agás o pequeno detalle de que foi Rafael quen encargou a súa morte. E se non fose porque Peixe meteu a zoca, ese dato tardaría moito tempo en coñecelo. Pero agora quere vinganza.

Sen pensar moito no seu estado de saúde e en que aínda está convalecente, Santos fará todo o posible por escapar da clínica e atopar a Rafael para acabar con el. Haberá alguén capaz de impedilo?

Durante todo este tempo que Santos estivo hospitalizado foron continuos os seus pesadelos, mentras no cuartel se afanaban por dar con quen tentara asasinalo. Unha vez que Belén quedou en fora de xogo, a filla de Santos, Lucía, liderou ela mesma o plan para descubrir quen tentará matar ao chatarreiro e así lograron saber quen quería ver morto a Santos.

Para iso finxiron que estaba realmente morto, sempre coa complicidade de Laura e Constante, pese a que o tío de Santos non estaba convencido de todo, pero é consciente do perigo que corría o seu sobriño.