Teté Delgado: «Con doce anos bailei unha lenta cun rapaz loiro e vestido de branco»

tania taboada

SOCIEDAD

ANA GARCIA

A actriz e cantante leva 51 años pasando os veráns en Malpica de Bergantiños

13 ago 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

A actriz e cantante, Teté Delgado, leva 51 años pasando os veráns en Malpica de Bergantiños. Un lugar moi especial polos momentos vividos nas diferentes etapas da súa vida.

-¿Por qué Malpica de Bergantiños para pasar o verán?

-Porque é tradición. Tódolos veráns viñamos en familia porque meu pai é nativo de aquí. El está convencido de que fun concibida aquí.

-¿Non te aburre veranear sempre no mesmo sitio?

-Para nada. É un lugar que me trae magníficos recordos. É chegar aquí e sentirme xenial. Agora vexo como medran meus curmáns, como cambiaron certas cousas... É fantástico.

-¿Botas algo en falta?

-Si. Creo que o muro de contención debe estar aberto ao público cando fai bo tempo. Actualmente está pechado o e é unha mágoa. Considero que so debería pecharse cando haxa temporal.

-¿Liáchela parda algún verán?

-Si. Gustábanos moito montar nas chalanas. Colliamos a primeira que nos parecía e remabamos mar adentro. Un día andabamos nunha e unha señora cazounos. Empezou a berrar «¡saide de aí, saíde aí!». Entre que non dabamos atracado polo vento e as risas... foi todo unha odisea.

-¿Namorácheste en vacacións?

-Namorar, namorar non. Pero bailei por primeira vez unha lenta cun rapaz e foi o primeiro en acompañarme a casa. Tería uns doce anos. Foi na romaría do pobo. Apareceu un mozo loiro e vestido de branco. Era de Malpica e volvino ver de maior. Aínda lembro que me acompañou a casa e tivemos que dar unha volta grande arredor da vivenda para que non nos viran. Non houbo bicos.