Unha folga dos estibadores paraliza Ardora no novo capítulo de «A estiba»
SOCIEDAD
A caixa común está baleira e teñen que conseguir fondos
01 dic 2019 . Actualizado a las 05:00 h.Hoxe, a partir das 22.00 horas, Televisión de Galicia emite un novo episodio do thriller A Estiba no que Manuela Fortes verase no centro dunha investigación polos negocios ilícitos do seu pai.
O décimo episodioda serie comeza once meses despois do final de Emilio Fortes. Neste momento o porto de Ardora está en folga e Castor e César aliáronse para presionar ao alcalde da vila porque non queren que o plan para reconverter o porto comercial nun porto turístico siga adiante. E se a negociación entre o concello e os estibadores non chega a bo porto, desatarase unha guerra polo control da vila.
Pero a negociación con Marcos non é o único problema para César e Castor. A caixa común dos estibadores está baleira e teñen que conseguir fondos, pero co porto paralizado pola folga, César non ten ningunha posibilidade de conseguir novos ingresos.
Co obxectivo de axudar ao seu irmán maior, Antón porá en marcha un plan para conseguir cartos: roubarllos a Covas.
Pola súa parte, a familia Fortes tampouco atravesa un bo momento. Tanto a morte de Emilio coma os seus negocios ilícitos afectaron a toda a familia e sen a posición económica de antes, o risco de perder a casa é moi alto o que afecta directamente a Mercedes.
Aínda que a nai de Manuela non quere deixar de ser quen é terá que arrimar o ombro, un cambio de actitude no que tamén terá moito que ver Miguel, o párroco de Ardora.
Mentres tanto Rosalía fai todo o posible por comezar unha nova vida. No apartado sentimental, a César non o poder ver diante, e no apartado laboral, ela segue sen atopar un traballo. Marcos é consciente da súa situación e faralle unha oferta que non poderá rexeitar.
En comisaría destaca a incorporación de Estela como nova policía. A súa nova situación chocará frontalmente coa do seu pai, inmerso na folga de estibadores, e con Antón, o seu exmozo.
Pola súa banda, a comisaria Manuela Fortes terá que loitar contra Sofía, unha implacable axente de asuntos internos que chega a Ardora disposta a buscar calquera indicio de corrupción na familia Fortes.