Os concursantes de «Come a comarca» buscarán a victoria en Terra de Trives
SOCIEDAD
![](https://img.lavdg.com/sc/aeT-m71C-BzQAp4RyXn96g1wQHU=/480x/2020/06/06/00121591468441330212841/Foto/GJ7P64F7_203229.jpg)
O «reality» gastronómico emite a súa quinta entrega o vindeiro martes en TVG
07 jun 2020 . Actualizado a las 05:00 h.Come a comarca chegará o vindeiro martes ao seu quinto programa en Televisión de Galicia cunha visita á comarca de Terra de Trives. Alí os concursantes coñecerán os segredos da súa gastronomía e aprenderán a facer o menú máis tradicional da zona, que estará composto por: empanada de polo elaborada con fariña de castaña, guiso de tenreira e, para rematar, a popular bica de Trives.
Neste reality gastronómico, un equipo do programa composto por cinco concursantes afeccionados enfróntase cada semana a un equipo de chefs profesionais de cada unha das zonas visitadas. Alí terán que aprender a preparar pratos típicos mellor que os especialistas.
Ata agora, os concursantes levan xa visitadas catro comarcas, as de Bergantiños, Deza, Terra de Lemos e Fisterra, e suman, polo momento, catro derrotas. Conseguiron, pese a todo, algunha vitoria en pratos soltos, como as fabas con abadexo de Bergantiños, as rosquillas de anís no Deza, corzo estufado e sopas de allo, en Lemos, e calleiro de castañas, en Fisterra. Pero en varias ocasións estiveron a piques de impoñerse aos mellores profesionais da comarca e non perden a esperanza de conseguilo.
Todos eles fixeron xa o papel de xefe de cociña durante a competición excepto Ofelia Lema, que terá esa misión en Terra de Trives. O programa terá moita tensión, enfados e conflitos entre os participantes.