«O lecer inclusivo é un dereito e é calidade de vida para persoas con e sen autismo»

SOCIEDAD

Persoas con autismo de Aspanaes participan no seu programa de lecer inclusivo e ambiental
Persoas con autismo de Aspanaes participan no seu programa de lecer inclusivo e ambiental ASPANAES

Aspanaes organiza, co apoio da Fundación 'la Caixa', un programa de actividades para persoas con TEA cun enfoque integrador, colaborativo con outras entidades e medioambiental

25 jul 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

«O lecer é un dereito, iso témolo claro. Pero tamén é un signo de calidade de vida e benestar para persoas con e sen autismo». Baixo esta premisa, cada ano desde fai unha década a asociación Aspanaes organiza co apoio da Fundación 'la Caixa' o seu programa de lecer inclusivo para persoas con TEA.

Obradoiros de reciclado de materiais, excursións ao rocódromo ou paseos en bici-cars, limpezas de praias... Calquera actividade é adaptable neste programa de lecer inclusivo. Durante todas as fines de semana do ano e cos campamentos especiais no verán, as persoas con autismo usuarias de Aspanaes participan en distintas accións que teñen como obxectivo mellorar a súa autonomía persoal, a súa autodeterminación e fomentar a igualdade de oportunidades

Desde a asociación explican como «o lecer funciona como elemento corrector en calquera persoa. Cando se ten un alto nivel de estrés, o que hai que facer é desconectar, dando un paseo, indo a un concerto, unha cafetería... Iso baixa os niveis de ansiedade. Coas persoas con autismo é o mesmo. O lecer serve para corrixir desaxustes emocionais ou cognitivos». Con este programa buscan ademais ofrecer a estas persoas oportunidades que lles permitan participar na comunidade sumando ademais un enfoque ambiental.

Persoas con autismo de Aspanaes participan no seu programa de lecer inclusivo e ambiental
Persoas con autismo de Aspanaes participan no seu programa de lecer inclusivo e ambiental ASPANAES

Atención adaptada ao grao de dependencia

Na actualidade, 52 persoas de distintas idades benefícianse deste proxecto, cunha atención case personalizada contando cun técnico para cada un ou dous participantes: «O que facemos é agrupalos por necesidades de apoio e intereses, sempre enfocado a mellorar a súa autonomía persoal. Aproveitamos os bens e servizos que ofrece a comunidade local para fomentar a súa participación activa». 

Neste programa participan persoas cun alto grao de dependencia, «polo que son persoas con menos oportunidades de acceso ao lecer». Para que máis usuarios poidan beneficiarse desta iniciativa, desde Aspanaes organizan grupos pequenos duns 8 participantes e varios técnicos que van rotando nas fines de semana. Os «equipos» que se fan entre persoas usuarias e técnicos asignánse a comezos de ano e mantéñesen ao longo dos meses, nos que as actividades van variando e lles permiten moverse por toda a provincia da Coruña.

Persoas con autismo de Aspanaes nun rocódromo dentro do seu programa de lecer inclusivo e ambiental
Persoas con autismo de Aspanaes nun rocódromo dentro do seu programa de lecer inclusivo e ambiental ASPANAES

Para estar ao día, algúns dos participantes máis independentes contan cos seus propios móbiles adaptados. Estes dispositivos mostran a información a través de pictogramas, o que a fai máis accesible. Desta forma, poden acceder a enlaces que explican as actividades que realizarán no día e ter esta información de antemán. Na asociación inciden na importancia desta adaptación, que califican de «salto cualitativo» xa que «normaliza o uso das novas tecnoloxías. Non hai diferenza entre persoas con discapacidade e sen ela, polo que é un elemento normalizador moi potente no que estamos traballando tamén desde o servizo de lecer».

Máis colaborativos e medioambientais, as novidades do 2024

Cada ano, desde Aspanaes buscan innovar e seguir mellorando este programa. Entre as novidades do 2024 están unha maior colaboración con outras entidades locais e o enfoque ambientalista. «Queremos poñer en valor que as entidades sociais facemos un tecido social cada vez máis colaborativo. Aspanaes colabora con outras entidades como a Fundación Enki, a Asociación de Montañeros Independientes ou We Sustainability. O terceiro sector estase unindo máis para facer actividades inclusivas. Facemos rede de redes».

«As entidades sociais facemos un tecido social cada vez máis colaborativo»

 A través desta rede de colaboración entre distintas entidades, lógrase integrar mellor a estas persoas dentro da comunidade, facéndoos partícipes de actividades «a disposición de todos os cidadáns». Con este novo enfoque, «participamos en actividades onde están persoas con autismo, persoas con discapacidade intelectual e sen ela... É un movemento máis inclusivo e integrador».

Outra novidade deste ano é a aposta polo aspecto medioambiental. «Estamos facendo educación ambiental coas persoas con autismo, para que o aprendan no servizo de lecer pero que despois tamén o poidan integrar no seu día a día», explican desde o centro. 

Persoas con autismo de Aspanaes participan no seu programa de lecer inclusivo e ambiental
Persoas con autismo de Aspanaes participan no seu programa de lecer inclusivo e ambiental ASPANAES

Un programa tamén pensado para as familias

En Aspanaes traballan cunhas 680 persoas que teñen autismo, máis as súas familias. Como noutras iniciativas da asociación, os beneficios deste programa de lecer inclusivo tamén chegan aos familiares. Desde a organización explican que estas actividades funcionan tamén como un momento de «respiro familiar. As persoas usuarias están con outras iguais, desfrutando dun lecer cun elemento corrector integrador e, a súa vez, as familias descansan e teñen un momento para que a vida familiar se regule, poden dedicar esa fin de semana a outras cousas, á relación cos irmáns das persoas atendidas... Sempre dicimos que é un efecto multiplicador. Non só facemos unha invervención directa cos usuarios do programa, senón que a familia ten esa oportunidade de respiro».

Ata o de agora, Aspanaes traballaba só na provincia da Coruña, con Miño como epicentro para este programa. Con todo, desde decembro do 2023 o seu ámbito é xa autonómico, polo que para próximas edicións, se os recursos o permiten, esperan que esta oportunidade poida chegar tamén a persoas doutras provincias.