O concurso «Atrápame se podes» volve á TVG e abre o seu cásting para a nova tempada

La Voz REDACCIÓN / LA VOZ

SOCIEDAD

Concursantes no plató de «Atrápame se podes».
Concursantes no plató de «Atrápame se podes».

O espazo de Voz Audiovisual prepara novos programas e convida á audiencia a participar

11 dic 2025 . Actualizado a las 19:30 h.

Nas vindeiras semanas, Atrápame se podes regresará á Televisión de Galicia cunha nova tempada chea de diversión, adrenalina e cun formato máis áxil ca nunca. O espazo preséntase renovado, sen perder a esencia que o consolidou como un dos referentes do entretemento na comunidade, con preto dunha hora de contido para todo tipo de público. Cada semana, cinco persoas participarán en cinco roldas eliminatorias nas que poñerán a proba a súa axilidade mental, os seus coñecementos e a súa capacidade de decisión baixo presión. Ao longo do xogo, terán que responder correctamente cuestións sobre actualidade, cultura galega, moda, música, deportes e tradicións, entre outros temas, nun percorrido que culminará cunha intensa fase final na que só unha poderá optar ao bote.

Voz Audiovisual retoma a produción deste emblemático formato e convida a audiencia a participar. Para iso só terá que enviar un vídeo en galego de trinta segundos ao teléfono 629 613 376, no que deberá presentarse brevemente, explicar a súa motivación e amosar o seu lado máis divertido e espontáneo.

Con esta nova edición, Atrápame se podes consolídase como unha das grandes apostas da Televisión de Galicia, reforzando o seu compromiso co talento galego e co entretemento de calidade. Un programa que invita a descubrir a televisión desde outra perspectiva e a converter o coñecemento en emoción.