¿Cuál es el sabor de tu Navidad? «Sempre probamos o viño novo e facemos filloas de sangue»

Gladys Vázquez REDACCIÓN / LA VOZ

SOCIEDAD

María Vázquez y su hija Lúa, Ana Peleteiro y Fran Cañotas
María Vázquez y su hija Lúa, Ana Peleteiro y Fran Cañotas

Tres de los rostros más conocidos de Galicia, Ana Peleteiro, Fran Cañotas y María Vázquez comparten cómo serán sus fiestas con La Voz

20 dic 2025 . Actualizado a las 10:33 h.

Ya sea en casa o en un restaurante, con comida para llevar o con esas preparaciones clásicas de abuelas o padres, todos recordamos cuál es para nosotros el plato estrella de las fiestas que ya comienzan. Tres de los rostros más conocidos de Galicia nos cuentan cómo van a pasar estas fechas especiales y cuáles son las recetas, aromas y sabores que siempre les van a transportar a casa y a esos momentos en familia.

Peleteiro, a las puertas de Area Café, en Ribeira, donde pasará parte de las fiestas
Peleteiro, a las puertas de Area Café, en Ribeira, donde pasará parte de las fiestas CARMELA QUEIJEIRO

ana peleteiro, atleta

«El centollo y los camarones gritan Navidad»

Un oro en el campeonato de Europa, un bronce en el Mundial, premios de todo tipo y su propio late show que acaba de estrenar. Ana Peleteiro observa cómo se va agotando este 2025 preparándose para su regreso a las pistas.

La campeona de triple salto, que volvía recientemente de pasar unos días en París, disfruta además desde el mes de junio de haber cumplido su sueño de niña, tener su propia cafetería en su pueblo, Ribeira.

«Es maravilloso tener un local como Area Café donde la gente se reúne y queda para verse en Navidad. Muchos estudiantes que viven fuera nos eligen para reencontrarse», reflexiona en unos días frenéticos en los que atiende a diferentes eventos y prepara ya las fiestas en familia.

La olímpica barbanzana cruza Galicia para repartirse en estas fechas. Peleteiro pasa la Nochebuena en Ourense, con la familia por parte de padre, y la Navidad y el Fin de Año, con los Brión en Ribeira. «Mi Navidad va a ser cien por cien gallega. La familia francesa se desplazará hasta aquí y compartiremos fiestas», dice sobre esa parte del núcleo familiar que aporta su marido y entrenador, Benjamin Compaoré.

Sobre sus sabores, la deportista gallega no maneja dudas. «Para mí estas fiestas tienen sentido en el momento que hay marisco en la mesa. Un buen centollo de la ría o unos buenos camarones gritan Navidad», dice contenta.

La deportista, que no es muy de dulces ­—«aunque también me los como»—, completa la tradición familiar de productos del mar con más preparaciones. «En mi familia es muy típico el bacalao de mi madrina en Nochebuena. Me encanta y siempre lo tengo presente. También me acuerdo del pollo de casa que hacía mi abuela. Al fin y al cabo era un pollo criado por ella y no os podéis imaginar ni el sabor ni el tamaño que tenía. Disfrutábamos de pollo varios días», relata.

En estas fiestas, Ana Peleteiro es además anfitriona. «En Ourense cocina mi madrina y mis padres cuecen el marisco. Cuando ya estamos en Ribeira, Benjamin y yo nos encargamos. Mi marido hace desde que nos mudamos aquí su cordero estrella, que es increíble». Y es que la receta es de esas de paciencia y buena mano. «Hace la carne a baja temperatura durante ocho horas. Es un éxito porque a todo el mundo le encanta porque está riquísimo», dice con entusiasmo.

Su habilidad culinaria la pone en otro tipo de recetas. «En Año Nuevo, para los entrantes, yo misma me encargo de hacer cremas. Me encanta hacerlas y disfruto mucho cocinándolas. En estas fechas se come tantísimo, que me gusta acompañar los platos contundentes con otros más ligeritos, que sientan tan bien al estómago», asegura la deportista que ya saborea la Navidad.

María Vázquez compartirá las fiestas con su familia, con puro sabor da Ribeira Sacra
María Vázquez compartirá las fiestas con su familia, con puro sabor da Ribeira Sacra Juan Herrero / EFE | EFE

MARÍA VÁZQUEZ, ACTRIZ

«Sempre probamos o viño novo e facemos filloas de sangue»

María Vázquez anda estes días en plena promoción de Rondallas, a última película de Daniel Sánchez Arévalo, que se estrea en cines o 1 de xaneiro. «Está gustando porque iso de rondallear é algo que non se coñece en toda Galicia. Ademais, é unha historia que fala do duelo, de como soportalo, de canto hai que esperar para pasar páxina e de como a música é sanadora», relata sobre un filme aínda máis que especial porque a actriz que encarna á súa filla é na realidade a súa sobriña.

Tras estes días sen parar, botará o freo para volver á súa casa, Chantada, onde se instalou no 2023. «En concreto vou preto, a A Barrela, en Carballedo, que é onde viven os meus pais», explica. Alí, «aínda que soe fatal», quen manda é a súa nai. «Intentamos axudala todo o posible, pero sempre leva ela o peso», di rindo.

Uns días todos xuntos, incluídos os seus fillos Lúa e Martín, que aprenden das grandes tradicións da casa. «Comemos sempre vieiras e tamén año con pataca asada. E como é pouca comida, ao día seguinte tomamos capón da casa».

Aínda que non é tan de Nadal, na casa de María Vázquez non faltan as filloas. «Sempre nos xuntamos na matanza e aproveitamos para conxelar sangue e facelas agora. Tamén temos como tradición probar o viño novo porque o facemos para a familia. É mencía da Ribeira Sacra, por suposto».

A protagonista de Matria ou Mataharis, que lle valeron a nominación ao Goya, sente que o seu Nadal mantén a esencia de cando estaba a súa avoa. «Gústame porque nos reunimos, as novas xeracións teñen ilusión, pero teño sentimentos encontrados porque hai xente que falta e porque son datas de dispendio. Teño que dicir que nós o pasamos moi ben. Facemos incluso un bingo caseiro, que é unha tradición que xa tiñamos cos avós, pero apostando fabas ou unha poucas moedas», conta divertida.

Cañotas pasa las fiestas entre Ourense y Arzúa
Cañotas pasa las fiestas entre Ourense y Arzúa

FRAN CAÑOTAS, PRESENTADOR

«A miña tía fai catro vieiras por persoa. Somos terribles!»

«Cociñando son un pouco desastre». Fran Cañotas non se esconde, aínda que leve case 900 programas á fronte de A voltas co prato na TVG. «Imaxínate se estamos contentos. Ían ser 40 programas...». Un espazo diario que nas últimas semanas non para de dar recomendacións sobre os menús de Nadal. «Fixen unha vez zamburiñas ao estilo Cañotas, que non teñen máis que aceite, perexil e sal». E que este presentador leva por bandeira que a gran cociñeira da súa familia, a súa «segunda nai», é Esperanza. «É a miña tía e organiza as festas en Arzúa para todos. É unha cociñeira como a copa dun pino. É como ter unha avoa, pero con idade de tía». Deste xeito, Esperanza manexa os fogóns, mentres aparta ao resto do posto de mando. «Nós axudamos, pero pouca cousa. Di que marchemos e que volvamos para poñer a mesa. Penso que tamén é porque lle comemos todo». E que se algo saben Cañotas e os seus e que nas festas tocan vieiras. «Ten que facer catro por persoa porque somos terribles. Xa de nenos, que non nos gustaba a carne da vieira, facíaas sen becho. É dicir, botábanos a zaragallada: tacos de xamón, cebola pochada e pan raiado, pero por tres! É bocado de Deus».

Cañotas conta con nostalxia como a súa tía é a auténtica herdeira na cociña da súa avoa e como Esperanza é a gran cómplice da súa nai. «Somos moi afortunados de tela. Teño que dicir que tamén coce ben o marisco, fai centola, langostinos, ademais de canapés. A carne, depende do ano porque meu irmán ten ovellas e carneiro e moitas veces mata para as festas. Outras veces tamén comemos bacallau, pero sempre receitas clásicas, de sempre».

Con todo, Cañotas terá estas preparacións en fin de ano, porque neste 2025 o Nadal arranca en Ourense, coa familia política. «O meu sogro cociña moi ben, é como a miña tía. Ten moitísima man».