Doazóns de libros, arte e documentos

La Voz

TELEVISIÓN

15 jul 2001 . Actualizado a las 07:00 h.

O legado intelectual de Antonio Fraguas Fraguas supera os 12.000 rexistros bibliográficos, e con el constituiuse a Fundación que leva o nome do polígrafo, con sede no Museo do Pobo. O centro incorporou os legados de Rodríguez Fraíz (perto de 2.000 rexistros), Xaquín Lorenzo (por enriba dos 2.000), Bouza Brey (arredor de 1.900, e unha espléndida colección de gravados) e o de Taboada Chivite (4.000). A maioría dos fondos están informatizados, xunto cos do Museo, que superan os 10.000 rexistro.