Suplemento e libros, con La Voz

La Voz

TELEVISIÓN

11 sep 2001 . Actualizado a las 07:00 h.

La Voz de Galicia súmase ós actos conmemorativos do 150 aniversario do nacemento de Manuel Curros Enríquez ofrecendo mañá un monográfico sobre a vida e a obra do máis importante poeta cívico galego e, o vindeiro sábado, unha antoloxía que recolle doce dos seus poemas. O monográfico conta coa colaboración de grandes expertos na materia (Del Riego, Alonso Montero, Elisardo López Varela, Justo Beramendi, Xosé Ramón Barreiro, Víctor Freixanes, Fernández Valdehorras, Ramiro Fonte e Paz Gago) que analizan a figura de Curros atendendo ás súas diversas facetas de creador, para concluir que a súa obra mantén unha enorme vixencia. O libro que entregará La Voz de Galicia a tódolos seus lectores coa edición do vindeiro sábado é unha escolma que dirixiu Xesús Alonso Montero e na que tomaron parte vinte especialistas na obra do celanovés. A tirada de 150.000 exemplares foi posible gracias ó patrocinio da Deputación de Ourense e á colaboración de Endesa. Esta obra forma parte dunha colección iniciada por La Voz na que xa se publicaron obras de Manuel Murguía, Álvaro Cunqueiro, Eladio Rodríguez e Augusto Assía.