Fernández del Riego: «Non se debe abandonar o debate»

La Voz

TELEVISIÓN

29 nov 2001 . Actualizado a las 06:00 h.

Francisco Fernández del Riego, que demitiu onte do seu cargo de presidente da Real Academia Galega, dixo que «non se debe abandonar o debate» sobre a proposta de cambio da normativa do galego, aínda que recoñeceu que nestes momentos «non é oportuno» retomar o tema. Del Riego fixo estas declaracións, segundo informa a axencia Efe, unha vez rematada a xuntanza que mantivo ca directiva da institución académica. Tamén afirmou que a RAG «debe sintonizar coas circunstancias e ser unha institución independente que cumpra a función para a que foi creada».