Luis Tosar falou en lavozdegalicia.com do seu traballo, afeccións e amizades
26 feb 2002 . Actualizado a las 06:00 h.«Teño 30 anos e vivo en Santiago». Con esta descripción de si mesmo, Luis Tosar respostou a unha das moitas preguntas que lle formularon os internautas a través de lavozdegalicia.com. O teatro, o cine e a televisión foron os temas principais da conversa, ademais de onde se toma as copas ou as películas favoritas. -¿Cree que los gallegos viven pendientes siempre de dar el salto profesional a Madrid? -Creo que os galegos viven pendentes de dar o salto profesional coma todo o mundo. O que pasa é que no caso dos actores, desgraciadamente, o lugar de maior producción está en Madrid. De tódolos xeitos, esta situación está empezando a cambiar e xa se están diversificando as vías de producción por todo o país. Espero que en 10 anos dea igual da-lo salto en Galicia que na capital do imperio. -¿Presentarías «Luar»? -Creo que si. De feito, supoño que dentro de pouco copresentarei un Luar con Gayoso. Supoño que non o sabedes, pero eu xa traballei en Luar facendo un personaxe cómico. Igual non o credes, pero traballar en Luar é moi divertido. -¿Por qué te dan papeles de personas mucho más mayores que tú? -Con esta calva, neniño/a ¿que queres que faga? Eu xa nacín adulto. -¿Por que non te colleron para facer «Gladiator»? -Porque non teño voz suficiente para que me escoiten quince mil tíos nun coliseum. Creo que Russell Crowe ten unha proxección de voz impresionante, aparte doutras cousas. -¿Pensas dirixir algún día? -Gustaríame dirixir, pero tería que atopar algún proxecto que tivera realmente claro e polo de agora non apareceu. O que non sei en que medio exactamente me gustaría facelo.