Este texto, o máis representativo do dramaturgo, forma parte da Biblioteca Galega 120 Relembro na miña adolescencia, cando andaba a pescudar na cumprida biblioteca do meu pai, ó topar cunha narración preciosa dun autor para min daquela descoñecido, chamado Daniel Cortezón, e titulada As covas do Rei Cintolo . Engaioloume, no máis inxel e fondo espírito fantasioso, cun idioma e léxico escrupulosamente traballado, ben podería ser para aquel neno que era eu, un dos relatos fantásticos que hoxe os nosos fillos ven no televexo. Lecturas cualificadas
24 jul 2002 . Actualizado a las 07:00 h.Logo coñecería Ribanzo, O Cabaleiro da lus, El Rey de Harlem, O esprito de Galicia , e troqueime nun seareiro daquel para min descoñecido autor. Xa no ano 1970 cando eu xa estaba a cumprir un dos meus soños de facer teatro en galego na compaña de Pepe Cáccamo, Gonzalo Martín Uriarte, Xosé Carlos Sierra, Paco Cuba, etcétera, nas primeiras andainas do teatro universitario galego, todos quedamos prendados dunha obra publicada por Galaxia que era Prisciliano . En Prisciliano viamos o tratamento artístico e teatral, ó maior grao que se pode dar a unha obra, no seu ritmo, na súa escenografía e coreografía, e sobor de todo, para nós xoves do 68, no seu argumento revolucionario. Este tiña para nós o alicerce de falar dun proscrito, dun herexe, dun referente da loita de Galicia contra calquera forma ou fórmula ortodoxa, dictatorial ou inquisitorial, en contra da liberdade e xustiza para o pobo. E Cortezón describíanolo de forma maxistral. Hai pouco decateime que andaba a argallar a representación popular no castelo de Moeche dunha obra de Cortezón. Entón non me quedou máis remedio que recorrer ó meu ordenador persoal, chamado Raimundo García Domínguez, Borobó. Estivemos a debullar durante varias horas e así foi como confirmei a miña impresión de que o noso Daniel Cortezón, cargado de obras e de premios literarios, é un dos autores vivos máis importantes da Galicia.