Radio Voz estrea mañá o novo programa «Biblioteca galega»

La Voz

TELEVISIÓN

07 sep 2002 . Actualizado a las 07:00 h.

Biblioteca galega . Este é o título do novo programa dedicado o mundo da cultura que estrea mañá a cadea galega Radio Voz dentro da súa nova programación. O espacio, presentado por Manolo Rodríguez e Xesús Fraga, emitirase tódolos días, de luns a venres, de nove a dez da noite. Os autores da Biblioteca Galega 120 terán unha atención destacada neste espacio e por iso para o programa de mañá está prevista a presencia de Alfredo Conde. Neste primeiro programa tamén intervirán dúas persoas que tiveron moito que ver coa iniciativa da Biblioteca 120 como son o director de La Voz, Bieito Rubido, e o director desta colección, Tucho Calvo. O programa Biblioteca galega recollerá tamén as principais novidades da actualidade cultural galega, dando especial importancia á participación de lectores, oíntes e xentes da cultura.