A película de Shin Chan estrease en toda Galicia o vindeiro 27 de xuño

Juan Pardo REDACCIÓN

TELEVISIÓN

As salas de cine galegas están a tremer. O vindeiro 27 de xuño, Shin Chan, a personaxe animada máis rompedora deste século, chega á gran pantalla. Na busca das bolas perdidas é o nome escollido para esta primeira longametraxe do debuxo xaponés. Será en galego, atendendo así a demanda dun público afeito a escoitalo nese idioma.

12 jun 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

A creación do debuxante Yoshito Usui vén da man do director Keiichi Hara, que estrea en toda España unha aloucada comedia chea de persecucións e estrambóticas situacións, protagonizadas pola inefable criatura. O berro de «¡cuíño!, ¡cuíño!» sairá dos fogares galegos para encher os patios de butacas. Salva-lo mundo Na busca das bolas perdidas narra a loita entre dúas bandas rivais, os Perendengues e os Mariolas, na súa busca de dúas bolas máxicas que agochan un grande poder. Os Perendengues, unha banda formada por perigosas ximnastas armadas con cintas letais, queren as bolas para desata-lo caos no mundo. Os Mariolas, uns estrambóticos travestidos, queren impedilo, e para elo contarán coa axuda dunha policía frustrada sen puntería e duns vellos samurais. Todo parecerá perdido, ata que chege o inesperado heroe. Shin Chan. Él, e maila súa familia, veranse involucrados por unha serie de casualidades. O peculiar rapaz e os seus achegados estragarán os plans do maligno e triunfará o ben. A popular serie xaponesa ve así a estrea da primeira película en España. Sinosuke Nohara, nome real do protagonista, está a vivir unha auténtica febre entre os rapaces, e non tan rapaces, galegos. A serie, emitida pola Televisión de Galicia, leva dende os seus inicios chegando a uns niveis de share somentes superados polos telexornais. Shin Chan é un neno de cinco anos obsesionado polo sexo, e que converteuse esta tempada no pesadelo de moitos pais e educadores que vían nel o reflexo do mal gusto e a perversión infantís. Nembargantes, o berro de «¡mira que trompa!» extendeuse moi cedo polas rúas e os patios de colexio galegos. Os costumes do intrépido Shin Chan, como son as baixadas de pantalóns, mostrando o cú e outras partes, e o encasquetamento de bragas a modo de sombreiro, fixeron furor na audiencia infantil, e non tan infantil, galega.