Os galardóns a Miguelanxo Prado e o fanzine «BD Banda» no Salón de Barcelona confirma o bo momento polo que pasa a banda deseñada na comunidade
13 jun 2005 . Actualizado a las 07:00 h.O Salón do Cómic de Barcelona vén de distinguir o traballo de Miguelanxo Prado -mellor obra en español e mellor guión para A mansión dos Pampín - e do fanzine BD Banda . Os galardóns son a confirmación de que a creatividade na banda deseñada galega xa non é cousa de figuras illadas ou de promesas para o futuro, senón que se trata dunha realidade cun alto nivel xeral de calidade e que está buscando a conexión co seu público. Os recoñecementos do prestixioso e veterano salón catalán veñen a constatar estes feitos e a contribuír á visibilidade dun colectivo que agora vive «unha verdadeira idade de ouro a nivel creativo», en palabras de Miguelanxo Prado, que confirma Kiko Da Silva, o coordinador do fanzine premiado.