A Mesa porá en marcha un observatorio de dereitos lingüísticos

La Voz LA VOZ | SANTIAGO

TELEVISIÓN

07 dic 2005 . Actualizado a las 06:00 h.

? Mesa pola normalización lingüística anunciou a creación dun observatorio dos dereitos lingüísticos en Galicia, unha institución de carácter similar ás xa existentes en Cataluña e no País Vasco. Segundo o presidente da Mesa, Carlos Callón, a intención desta institución é recoller e tramitar as queixas dos usuarios dos galegos e poñelas en coñecemento da Administración. Este institución nova, que podería comezar a funcionar a comezos de ano, podería atender as reclamacións que outras entidades como o Valedor do Pobo non pode tramitar. Segundo Carlos Callón, o observatorio debería atender as queixas por discriminación lingüística, as mesmas que está recibindo a páxina web da propia Mesa. Neste sentido, unha das primeiras iniciativas que porá en marcha o observatorio será a de crear un espazo web no que os usuarios poidan deixar as súas queixas. Segundo explicou Carlos Callón os dous tipos de queixas máis reiteradas respecto ao galego son que teñen relación coa toponimia. A outra queixa recorrente é o incumprimento do uso do galego no ensino. A Mesa ten acadado recentemente un compromiso coa Consellería de Educación para que desde a inspección da Administración se fagan cumprir o uso do galego nas asignaturas previstas para tal fin nos centros educativos galegos.