A industria galega do audiovisual viviu onte na Coruña a súa festa grande
TELEVISIÓN
Os premios Mestre Mateo recoñecen aos precursores do cine galego no coruñés Equipo Imaxe «As leis de Celavella» e «O soño dunha noite de San Xoán», as favoritas
20 mar 2006 . Actualizado a las 06:00 h.Luis Piedrahita abriu a noite do audiovisual galego tentando esclarecer que é eso da comunicación. Entre o humor e algunhas secuencias do cine universal fóronse entregando os premios, incluídos os dous premios honoríficos abriron a gala dos Mestre Mateo que, cada ano, recoñecen as mellares produccións do audiovisual galego. Cine, televisión e multimedia sumadas en 25 categorías con favoritos como As leis de Celavella ou O soño dunha noite de San Xoán. As dúas categorías honoríficas, que se coñecían antes do comezo da gala celebrada a última hora da noite de onte no Palexco coruñés e retransmitida pola Televisión de Galicia en «riguroso directo» están destinadas a recoñecer a historia reciente do cine galego, tanto desde o punto de vista industrial como desde a perspectiva artística. Na noite de onte o premio Fernando Rey, co que se recoñece unha traxectoría profesinal, entregouse ao colectivo Equipo de cine Imaxe, de A Coruña, fundando nos anos setenta por catro profesionais que aínda seguen en activo no audiovisual galego: Carlos Amil, Carlos López Piñeiro, Manuel Abad e Xabier Villaverde. Este premio quere recoñecer, segundo a Academia do Audiovisual, ao traballo realizado de maneira voluntaria e voluntarista a favor dun cine galego nuns anos nos que era «difícil pensar na realidade que é hoxe o audiovisual en Galicia. Os primeiros O premio que leva o nome de José Séller foi concedido de maneira póstuma a Marcial Lens, un dos primeiros empresarios do audiovisual galego. Ambos premios son concedidos pola directiva da Academia galega do audiovisual. Entre as novidades desta gala, presentada por Iolanda Muíños e Luís Piedrahita, o presidente da Academia, Manuel Gómez, sinalou o feito de que a emisión por parte da Televisión de Galicia realizouse en directo e sen o retraso que rexistrou en anos anteriores. Por outra parte, tamén é novedoso desde o punto de vista das candidaturas a competición en igualdade dunha película de animación nas diferentes candidaturas en lugar de competir nunha categoría específica como acontece nos Goya. Neste sentido, a presenza de O soño, de Dygra Films, gañadora dun premio da academia española, en distintas categorías converteuna nunha das principais candidatas a ser a vencedora da noite do cine galego. Moita competencia Segundo os membros da Academia, esta edición na que se premiaron as produccións do 2005 foi unha das máis competidas dos últimos anos, especialmente no apartado de televisión, no que As leis de Celavella partiu como favorita. A gala da edición dos Mestre Mateo, que sucederon no seu día aos premios que levaban por nome Chano Piñeiro, utilizou as distintas formas de comunicación como argumento para abrir a ceremonia, desde o gruñido a Internet.