Ramón Villares apela á confianza allea na súa toma de posesión como presidente do Consello da Cultura

La Voz C.?P. | SANTIAGO

TELEVISIÓN

SANDRA ALONSO

04 may 2006 . Actualizado a las 07:00 h.

O historiador Ramón Villares Paz tomou posesión como presidente do Consello da Cultura, para a que foi elixido o pasado 20 de abril tras a fin do mandato de Alfonso Zulueta de Haz, quen onte lle daba, emocionado, o primeiro relevo protocolario na historia desta institución. O acto foi presidido polo titular da Xunta, Emilio Pérez Touriño, que reafirmou a «innegociable independencia e pluralidade do Consello da Cultura». A biblioteca do Consello quedou xusta para ás máis dun cento de persoas do mundo da cultura e das primeiras institucións públicas e privadas do país, entre as que destacaron a presidenta do Parlamento, Dolores Villarino, o vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, a conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, e o titular de Presidencia, Méndez Romeu. Villares enunciou os obxectivos inmediatos á fronte da «casa común da cultura galega» e «a canle para a biodiversidade da creatividade », conscente de que esixen «esforzos propios e confianza allea» nun tempo «no que mudaron os modos de concebir a cultura».