Lodeiro pregunta e reparte

La Voz

TELEVISIÓN

Pouco a pouco, Cifras e Letras afiánzase na grela da Galega, sobre todo entre os máis novos. Era previsible, considerando que o formato xa acadaba boas cifras na súa emisión en Telemadrid, onde aínda segue en antena. Os dous aspirantes compiten en resolver verbas e operacións matemáticas. Presenta Paco Lodeiro, e corrixen Iolanda Castaño e Jorge Mira.