05 sep 2006 . Actualizado a las 07:00 h.
A Factoría Teatro representa hoxe, baixo a dirección de Cristina Domínguez, a obra Os homes só contan ata tres, de Antón Lopo. Esta peza dramática, merecedora do premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais 2004, conta a historia de dúas irmás que viven xuntas e que rachan a súa aparente harmonía xusto cando aparece un actor e malabarista chamado Nico. Onte, os asistentes ao festival tiveron a ocasión de desfrutar coa obra O heroe, de Manuel Rivas. O Carballiño. Ás 20.30 horas. Prezo, 5 euros.