O perfil dos protagonistas axústase cada vez máis aos cánones sociais actuais A familia amarela da televisión, líder na súa franxa, cautiva a un público moi heteroxéneo.
01 nov 2006 . Actualizado a las 06:00 h.O programa de debuxos animados máis visto actualmente en Galicia, e tamén en España, é Os Simpson. Nunca, antes desta famosa familia universal, unha serie de debuxos chegara ata un grupo de público tan heteroxéneo. Dende que comezara a súa andaina, a serie cambiou a relación da xente cos debuxos animados. Foi o primeiro produto de animación adulta de éxito e, actualmente, a familia amarela da televisión cautiva a todo tipo de telespectadores, dende os máis pequenos ata os adultos, tanto homes como mulleres. Habitualmente, lidera a súa franxa horaria de emisión. No segundo posto do ránking dos espazos deste xénero máis vistos, sitúase Lilo e Stitch, un relato propiamente para nenos; pero no terceiro atópase, de novo, un personaxe para todos os públicos, Shin Chan. Menos machistas Nas últimas décadas, o perfil dos protagonistas dos debuxos animados axustáronse aos cánones sociais actuais, ao presentar a mulleres independentes. Así o recolle un estudo realizado polo departamento de Pedagoxía da Universidade de Granada, que conclúe que os debuxos actuais son menos machistas que os de antes.