O programa «Circuíto 4x4» leva as novas músicas de creación a vinte concellos
TELEVISIÓN
A música galega de creación actual e a da tradición vocal e instrumental vai chegar a vinte concellos de toda Galicia dente mañá ate mediados de xuño dentro do programa promovido pola Consellería de Cultura Circuíto 4x4 , no que dezaseis grupos de estilos, ritmos e formatos ben distintos darán 78 concertos. Esta oferta repártese en catro apartados ou circuítos temáticos: Voces tradicionais, Canción de autor, Con-Fusión e Tradición instrumental. En cada un deles participan catro agrupacións que actuarán en diferentes datas nun mesmo concello. Para poñer en marcha Circuíto 4x4, a Dirección Xeral de Creación e Promoción cultural paga o 70 por cento do custe de cada ciclo. O 30 por cento restante págano os concellos contratantes, que son os de Boiro, Carballo, Oleiros, As Pontes, Miño, Arteixo, Laracha, Mugardos, Allariz, Monterroso, Sarria, Viveiro, Xove, Foz, Ribadeo, Monforte, Vilagarcía, Pontevedra, Lalín e a Universidade de Vigo. Escolleita Dependendo do circuíto escollido por cada concello, o público disfrutará coas voces das cinco mulleres que forman Leilía, a mestura de pandeireta e a gaita con percusións que fan Ruote, o folk dos Carunchos ou a transgresións co acordeón de Serra-lhe-aí!!!. Se o ciclo é Canción de autor, poderán escoitar os ritmos das salas de baile dos anos 30 que recupera o grupo Martull; a voz de Guadi Gallego e a guitarra de Guillermo Fernández, integrantes de Berrogüetto que ademais forman Espido; o repertorio mariñeiro de Nordestin@s, coas voces de Uxía e Guadi; e os temas de Xavier Díaz con guitarra flamenca. No circuíto Con-Fusión escoitarán dende o particular jazz do Trío Kin García á música de Talabarte a base de violín, contrabaixo e acordeón diatónico; o flamenco de Marcos Teira e e ao Rao Trío, que fan soar a fanzona coma se fose un violín. En Tradición instrumental reuniranse a gaita e o acordeón de Daniel Bellón & Diego Maceiras, os ourensáns de Linho do Cuco, o gaiteiro Edelmiro Fernández e os son de Fernández e Quintá.