RNE organiza en Lugo o primeiro Encontro de Poesía Galega

La Voz

TELEVISIÓN

27 nov 2007 . Actualizado a las 02:00 h.

Coincidindo co aniversario da declaración da Muralla como patrimonio da humanidade, o programa radiofónico de Radio 3 La estación azul celebrará os próximos xoves e venres en Lugo o primeiro Encontro de Poesía Galega. Os principais poetas e escritores do panorama galego, como Luz Pozo Garza e Manuel Álvarez Torneiro e María do Cebreiro, entre outros, reuniranse no salón de actos da Deputación para recitar a súa obra e analizar a situación da poesía contemporánea de Galicia. RNE organiza estas xornadas coa fin de promocionar esta arte, fomentar a lectura poética e analizar a súa situación. O sector editorial estará representado por Manuel Bragado (Edicións Xerais) e Carlos Lema (Editorial Galaxia). O broche musical poñerano os cantautores Fran Pérez, Xabier Díaz e Luís Emilio Batallán.