«Luar» consegue no seu primeiro programa liderar a noite do venres

La Voz

TELEVISIÓN

20 sep 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

Luar , o programa que presenta Xosé Ramón Gayoso, despois do descanso estival acadou na súa volta á grella televisiva unha cota de pantalla do 23,9%. Case 600.000 persoas contactaron coa emisión deste veterano programa da TVG entre as 21.35 horas e as 24.40, e dicir, durante máis de tres horas de programa.

Luar,

nesta primeira edición da nova temporada incluíu, entre outras novidades, a presenza de Moncho Borrajo como presentador convidado que compartiu os labores co titular do programa. O programa impúxose aos do corazón de Telecinco e Antena 3.