A vida dun piloto de rali, en «Fóra de pista»

La Voz

TELEVISIÓN

O «docurreality» emítese hoxe ás 23.00 horas.

07 oct 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

Nova entrega de Fóra de pista , o espazo de V Televisión que presenta a vida de deportistas de gran valía pero que practican modalidades menos seguidas e mediáticas que o fútbol.

Este programa céntrase en Pedro Burgo, un respectado piloto de rali, veciño de Bergondo, na provincia da Coruña. Desde o anos noventa comeza a pilotar e faino xunto a un grupo de amigos e un modesto Peugeot 205. A pesar da falta de apoio logra varios primeiros postos en campionatos nacionais e rexionais. Na actualidade as cousas vanlle un pouco mellor e compite aos mandos dun Mitshubishi Lancer, un coche moito máis competitivo ca o dos seus comezos.?Neste programa os espectadores coñecerán, aparte da gran familia que rodea a Pedro e o seu equipo, todos os preparativos previos ao Rali Rías Baixas, unha das probas máis valoradas do Campionato Nacional de asfalto.