A actriz asegura que o seu personaxe vai ter labores novas
24 oct 2011 . Actualizado a las 17:41 h.Os cregos cambian, pero as criadas continúan. Amelia, o personaxe ao que lle pon vida Mercedes Castro, ten que asumir o cambio de sacerdote en Lourido e ten que afacerse ao novo inquilino da parroquia. A actriz sinala que a xente vai notando as diferenzas e que o seu personaxe ten novas labores que facer.
-Para quen se ocupa da intendencia «familiar» do párroco, un cambio de xefe ten que ser importante.
-Amelia ten unha relación moi diferente con don Horacio e con don Rodrigo. Co anterior tiña xa unha relación case maternofilial, moi próxima. Con este novo non, claro. Ten que recompoñer a situación e afacerse á nova situación.
-¿Como será esa nova relación?
-Amelia vai ter que facer de mediadora entre don Rodrigo e o seu pai. Vai ter que gañar a confianza duns e doutros. Pero tamén che digo, así entre nós, que Amelia vai botar moito, moito de menos a don Horacio.
-¿Que diferenzas cre que notan os espectadores?
-Un novo protagonista sempre esperta novas expectativas. Nos primeiros capítulos, ademais, hai un pouco máis de drama porque hai que contar a historia sobre a chegada do novo creo, pero sen deixar o humor.
-¿Que lle di a xente do seu personaxe, que lle chama a atención da súa personalidade?
-O xeito de andar é unha das cousas e hai xente que pensa que eu coxeo e por iso ese andar. O outro día, dúas mulleres que me pararon na rúa dixéronme: «Que cambien a todos os curas que queiran, pero á criada que non a cambien nunca».
mercedes castro amelia en «Padre casares»