«A reitoral volve estar chea de curas»

b.p.l. redacción / la voz

TELEVISIÓN

Mercedes Castro asegura que a nova temporada é «<span lang= gl >moi entretida e dinámica</span>».
Mercedes Castro asegura que a nova temporada é «moi entretida e dinámica». Álvaro Ballesteros< / span>

09 feb 2014 . Actualizado a las 06:00 h.

Mercedes Castro leva sendo Amelia dende o principio dos tempos en Santo Antonio de Louredo. Despois de seis anos, di terlle xa moito cariño á criada da reitoral. Á marxe da serie, a actriz representa estes días por Galicia a obra de teatro Meu ben, que produce e protagoniza.

-¿A que atribúe a lonxevidade de «Padre Casares»?

-Aos guions, ao casting, aos directores e á productora, polo mimo e coidado á hora de producila. A serie reproduce situacións comúns e a xente vese identificada neses personaxes tan disparatados pero tan cercanos.

-¿Como cre que evolucionou neste tempo?

-Creo que as novas tramas volven ao espírito do principio, de carácter moi coral, moi entretido e dinámico. Esta temporada reaparece Pedro Alonso, que encarna a Horacio Casares, e iso é un plus importante para a serie. Eu boteino moito de menos. Agora a reitoral volve ter moita vida e volve estar chea de curas.

-O que suporá máis traballo para Amelia...

-Haberá ata catro curas esta temporada, con moitas liortas e enfrontamentos entre eles. Aparecerá un novo cura, don Perfecto, o que fará xurdir os conflitos e provocará que Crisanto queira defender o seu territorio por encima de todo. E Amelia é a mediadora entre o pobo e a reitoral, xogando un pouco a dúas bandas pero defendendo sempre a Crisanto. Esta temporada vai ser moi intensa e divertida, porque nós o pasamos moi ben gravando e iso sempre se transmite á audiencia.

-¿Que é para vostede o personaxe de Amelia?

-Cando gravamos é tan intenso que necesito dúas semanas para desfacerme do papel, porque despois de tanto tempo o vas incorporando e cando marchas para a casa lévalo contigo. É un personaxe ao que quero moito e estoulle moi agradecida polo moito que me leva dado e o que eu lle levo dado a el.