
O equipo do concurso da TVG realizará castings a vindeira semana en Coruña e Vilagarcía de Arousa
16 mar 2025 . Actualizado a las 05:00 h.O Atrápame se podes, chanzo arriba segue na procura de novos participantes que queiran levar o ansiado bote do concurso, que supera xa os 17.000 euros. Este luns 17 de marzo o equipo do programa desprázase ata A Coruña.
O casting terá lugar no Centro Comercial Cuatro Caminos e a xente que se anime a asistir terá a posibilidade de concursar no programa presentado por Paco Lodeiro. A maiores, tamén se fará un casting en Vilagarcía de Arousa o 18 de marzo, no Centro Comercial Arousa.
A selección para os castings levarase a cabo en horario de mañá (11.00-14.00 horas) e de tarde (16.00 horas-19.00 horas). A única condición para participar é ser maior de idade.
No caso de non poder acudir, as persoas interesadas tamén poden enviar os seus datos de contacto ao correo atrapamesepodes@crtvg.gal.
A maiores do bote que está en xogo, o programa sempre ten un premio de 200€ para o concursante gañador do programa do día.
O Atrápame vén de recibir o Premio Iris ao Mellor Programa Autonómico, outorgado pola Academia de Televisión y de las Ciencias y Artes del Audiovisual de España.