O compostelán Luis Zahera dou o salto á fama desde a Costa da Morte grazas a Mareas Vivas, pero as lembranzas de Petróleo da comarca están un pouco oxidadas polo paso do tempo.
-¿Como se chama o cabo co atardecer máis longo de Europa durante dous meses ao ano?
-¿Cabo Vilán?.
-Non, Touriñán.
-Como o cómico, pero non sei se é Nucha ou Mucha.
-¿Verbena ou foliada?
-Eu son máis de foliada. Gústame un formato máis pequerrecho.
-¿Sabe cal é o pan con máis identidade da Costa da Morte?
-Non, pero si o sabía.
-¿Un adxectivo que o defina?
-Unha mona, aínda que iso é un substantivo... Mellor, curioso.
-¿Que traballan os artesáns máis coñecidos de Buño?
-O barro, claro.
-¿Onde se celebran as festas da Xunqueira?
-Ostras, non sei.
-Son en Cee, pero este ano xa non chega. ¿Cal é a revolta máis famosa da comarca?
-Non sei.
-A irmandiña de Vimianzo, que tamén ten festa propia.
-Claro que si; se teño ido por alí. É que estou un pouco espeso hoxe.
-¿Cando foi a última vez que pranchou a roupa?
-Non prancho xamais, sempre llo pido a alguén. É unha cousa que me desespera porque non sei.
-¿Onde secan os congrios ao sol?
-Nas rochas.
-En Muxía.
-Na de Abalar, entón.
-¿Onde viviu un anacoreta alemán?
-En Camelle. Man, que xa morreu o pobre. Fóra de rapaz co colexio e impresionárame moito a min aquel home.
-¿Unha viaxe por facer?
-A calquera sitio que non teña ido. É do que máis me gusta no mundo. A París, por exemplo.
-¿Onde naceu o creador do futbolín?
-Si, sei que naceu por aí. Lembro de cando fixemos Mareas Vivas. ¿Pode ser en Laxe?
-En Fisterra.
-Efectivamente, pero xa non me lembraba.