Diego Gómez: «A confianza gáñase con minutos, oxalá ter moitos de aquí a final de tempada»

TORRE DE MARATHÓN

«É unha categoría moi complicada, temos que saber dar valor a un empate. Poucos equipos son capaces de conseguir unha racha así», valora o canteirán do Dépor
24 abr 2025 . Actualizado a las 16:21 h.Coa lesión de Mella, o turno de Diego Gómez (Amoeiro, 2004) podería haber chegado. O canteirán repasa as súas posibilidades e analiza a situación de equipo antes do partido contra o Racing de Santander (domingo, 16.15 horas, LaLiga TV Hypermotion) na súa intervención en Radio Voz.
—Comenzou a tempada cedido no Arenteiro ata que o Dépor lle chamou. Era un soño para vostede?
—Isto é o que ten o fútbol, dun día para outro cámbiache a vida. A Cesión valeume para mellorar e madurar moi. Agora xa estou adaptado. Calquera rapaz que é do Dépor ten o soño de xogar un día en Riazor.
—Coa lesión de Mella podería ter un posto no once inicial.
—Se me toca estar no once, darei o cen por cen e axudarei ao equipo a conseguir a vitoria. Un xogador quere xogar, adéstrase para estar preparado. Se me chega a oportunidade, sairei con ganas. A confianza gáñase con minutos, oxalá ter moitos de aquí a final de tempada. En canto a Mella... oxalá sexa o menos posible.
—Chega nun bo momento, tivo varias ocasións de gol recentemente.
—Tiven unha contra o Córdoba bastante clara e contra o Mirandés. A ver se á terceira vai a vencida. Malo será que non chegue un antes do final de tempada.
—Vostede xa coñecía a Gilsanz, como o está a ver?
—É un orgullo que estea no primeiro equipo, levaba uns anos espectaculares no Fabril e no Juvenil. Alegreime moito, confiamos moito en el, axúdanos moito.
—Como vedes dende o vestiario a súa renovación?
—Están encantados con el. Dende que está el nos va moi ben e oxalá estea aquí moitos anos.
—Coa salvación lograda, o obxectivo podería ser o «play off», que está a oito puntos.
—Unha característica deste liga é que nos che podes confiar nin por arriba ni por abaixo. Iremos a gañar todos os partidos e ao final da tempada veremos onde estamos. Se é no play off? Pois oxalá, sería gratificante e una alegría para a afección.
—As matemáticas din que si, pero o Dépor está tendo problemas para gañar este curso.
—Se matematicamente pódese, nos intentaremos conseguilo. Non vamos a dar por perdido ningún partido.
—A clave podería estar no próximo partido en Santander.
—Véxonnos con moitas opcións, o Racing é un gran rival, un bo equipo. Somos capaces de ir alí e gañar. Levar nove xornadas seguidas sen perder é unha motivación. É unha categoría moi complicada, temos que saber dar valor a un empate. Poucos equipos son capaces de conseguir unha racha así.