O primeiro Festival Interancional de Títeres de Redondela «Memorial Juanjo Amoedo» clausúrase hoxe con catro importantes actaucións. O portugués Raúl Pereira e a compañía madrileña Teatro Espiral ofrecerán funcións de rúa nos xardíns da Alameda redondelá.
10 jun 2000 . Actualizado a las 07:00 h.ANA PRIETO REDONDELA. Correspondente No Multiusos de A Xunqueira actuarán os segovianos Libélula, así coma o grupo brasileiro Anima Sonho. A organización deste evento, a asociación de colectivos redondeláns RQR, confía en que este festival poida ter continuidade. A vila de Redondela disfrutará hoxe da última xornada de teatro e títeres deste primeiro Festival Interancional organizado polo colectivo Errequerre. Este certame, celebrado en homenaxe ó falecido Juanjo Amoedo, acercou a Redondela a dez grupos chegados de diversos puntos de España, Brasil e Portugal. Os catro grupos que actúan hoxe poñen punto final a esta primeira edicición con funcións no Multiusos de a Xunqueira e tamén na rúa, escollendo coma marco os xardíns da Alameda de Redondela. A primeira das representacións será a do grupo segoviano Libélula, coa función infantil O Paladín de Francia, que será ás 17.00 horas no Multiusos. O seu director, Julio Michel, é un dos titiriteiros máis coñecidos de todo o Estado.