A bossa nova e o samba-dance de Daniela Mercury triunfaron en Castrelos

D.F.M. / Ana Cuña VIGO

VIGO

A artista baiana estivo precedida pola actuación do vigués Juan Rivas, moi aplaudido pola súa orixinalidade Comezou o festival «Para Vigo me voy», no que actúa hoxe Bustamante

29 jul 2002 . Actualizado a las 07:00 h.

No mediodía de onte chegou Daniela, despois de arrasar o día 23 en Santiago DC, e de tocar antonte en O Porto. A cantante brasileira presentaba o seu último disco: «Sou de qualquer lugar», que ten cancións propias e tamén dos grandes da bossa nova e do samba como Caetano Veloso, Carlinhos Brown e Gilberto Gil. Este último CD, o séptimo da cantante baiana incorpora bases electrónicas ao seu samba-reggae característico. Así, un par de cortes teñen soado nas pistas de baile; aínda que algúns dos fans máis puristas prefitran o son anterior. O público das gradas estaba sentado ao comezo do concerto, pero con temas como «Canto da Cidade», «De qualquer lugar» ou «Ile Pérola Negra» empezaron a bailar e a corear como podían as cancións. No recinto de pago, podíanse ver numerosas camisetas da selección «canarinha», e tamén algúns siareiros brasileiros da Daniela. O público pediu bises, animado pola calidade da banda e polas atrevidas coreografías de Mercury. A actuación de Mercury foi precedida polo estilo ecléctico do vigués Juan Rivas, que misturou pop bailable «estilo Beck» con sons moi brasileiros.