Totalmente manual

| CAMILO FRANCO |

VIGO

CRÍTICA TEATRAL/FESTIVAL DE TÍTERES DE REDONDELA

22 may 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

?gora está mal visto traballar coas mans. O traballo manual resulta como de segunda división, é o que fas se non podes facer outra cousa. Por levar a contraria ou por demostrar que as mans sirven para algo máis que para o labor, Claudio Cinelli, que pasou polo Festival de títeres de Redondela, utiliza as mans para inventar as historias, para darlle verdadeiro corpo os personaxes. Mani d'opera é un espectáculo que ten a lixeireza da fantasía e a seducción das cousas que semellan sinxelas. Funciona co engado das miniaturas, alimentado a imaxinación. As mans do titiriteiro italiano inventan parodias, buscan as voltas á interpretación da ópera ou do cabaret nunha recreación leal e caricaturesca a un tempo. Tamén ten a seducción que convence ós espectadores de que, efectivamente, está todo aí, que non é necesario máis aparato, nin máis fantasía, nin máis parafernalia para divertir que a de lle pór a gramática da fantasía ó uso laborioso máns.