O alcalde de Vigo, Ventura Pérez Mariño, inaugurou onte as Xornadas Municipais contra a Violencia que baixo o lema O outro terrorismo, a violencia de xénero, reune no auditorio do Concello ate o venres a destacados especialistas en diversas vertentes do problema social. No seu discurso de apertura, Mariño anunciou a posta en marcha, sen concretar fecha, dun servicio de denuncias municipal amparado na modificación da Ley de Enxuizamento Criminal do 2000, que facilitará ás mulleres o camiño para notificar ante un organismo público a violencia que sufre sin ter que acudir á policía nin a un xuzgado. Mariño dixo tamén que a violencia de xénero é un fenómeno «cultural complicado» recordando que a aceptación ou o silencio supón complicidade co agresor. O alcalde ligou a violencia de xénero co terrorismo pola súa cobardía, lembrando que ademáis produce máis víctimas que o propio terrorismo. As xornadas centráronse onte nas experiencias solidarias de axuda ás víctimas que foron relatadas por Argentina Pereira, da asociación de asitencia a víctimas Cava, de Asturias; Ángeles Martínez, presidenta de Ovarias e Rosa Fontaíña, responsable da rede de Mulleres Veciñais, que fixo un repaso dos 86 espeluznantes casos de malos tratos que se produciron no que va de ano en todo o país. Hoxe, o encontro adícase ó tráfico de mulleres e a prostitución ca presentación dun informe recentemente elaborado en Madrid sobre o problema.