«O BNG propón ideas e caras para rexenerar a política galega»

Miguel Á. Rodríguez VIGO

VIGO

M. ROLÁN

Encontros en Radio Voz | Carme Adán A candidata provincial do Bloque sostén que os nacionalistas non soportarán a ningún goberno que non lle otorgue a Galicia «un maior peso no conxunto do Estado»

18 may 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

Á aposta de Quintana en Pontevedra tócalle lidiar cos dous pesos pesados do PP (Núñez Feijoo) e do PSOE (Pérez Touriño). Pero Carme Adán so espera «non defraudar ó electorado» e facer chegar o seusprograma á xente para contribuir «á rexeneración política», auténtica bandeira dos nacionalistas desta volta autonómica. -¿Que mensaxe está a transmitir o BNG coa renovación nas listas? -Somos unha formación con moita experiencia e moito traballo detrás. Agora, unha nova xeración vai continuar ese traballo. A nosa organización aposta por ese cambio, do mesmo xeito que preconizamos un cambio en Galicia no 2005. O BNG propón ideas e caras para rexenerar a vida política galega. -¿Nin sequera quedou espacio para meter a Beiras? -Creo que é unha polémica pechada. Beiras xa manifestou públicamente o seu interés de non ir nas listas. As nosas candidaturas son votadas por toda a militancia. Son máis democráticas que noutros partidos. Ademáis, na política é importante saber deixar paso. -Comparte liderazgo de cartel con Touriño e Núñez Feijoo. ¿Sénteste no medio dunha guerra de dous? -Fronte ós temas tradicionais para outras formacións, nós temos que ser os garantes de que determinados intereses van ir para adiante. É importante para nós rachar esa polarización electoral. -¿Ten o BNG un novo modelo político-administrativo? - O noso programa propón estudar unha reorganización territorial. É necesario axilizar a comunicación entre os concellos e a Xunta e organizar o territorio en función sobre todo dunha boa redistribución dos recursos. Hai fórmulas xa coñecidas. Por exemplo, sendo Pérez Castrillo alcalde vigués deuse un pulo importante ó área metropolitana. Nós apostamos de cheo por ela. -¿Cree que Vigo está esquecido polas administracións? -Paréceme evidente. -¿E que propón para evitalo? -Vigo e a súa área de influencia é un motor económico de Galicia. Hai un compromiso claro do BNG e de Anxo Quintana co desenvolvemento da economía viguesa. Hai varias claves. Dun lado mellorar infraestructuras como o porto seco; tamén apoiar a innovación na industria ou os institutos tecnolóxicos. Fai falla achegarse máis á xente formada que temos. Ademáis está a nosa relación con Portugal. En dez anos hai que dinamizar a economía e mellorar as comunicacións con Portugal porque está en xogo poder liderar a eurorrexión. -¿Cree necesaria unha política de enfrontamento coas institucións? -Sempre temos presente o dereito a reivindicar, pero somos fundamentalmente cooperadores co Estado e cos concellos. Hai que ter una boa relación cos concellos. Agora depende máis de situacións persoais ou de cores políticos. Nós pretendemos cambiar este xeito de facer as cousas. -¿Ve vostede en Touriño o mesmo derroche de talante do que fai gala Zapatero? -O que realmente importa é que Galicia teña un peso real no conxunto do Estado. Vanse abrir diferentes etapas de discusión de proxectos e novos estatutos de autonomía. E Galicia ten que estar ahí e non quedarse atrás. Temos unhos dereitos recoñecidos na Constitución e non podemos perdelos. O que se pon sobre a mesa é a verdadeira vontade política de asumir que Galicia debe ter ese peso no Estado. -E eso como se fai. -Eso o pide a cidadanía. Os cidadáns nos ven como os que van defender os seus intereses, que pasan por ter unha concreción nos presupostos e prazos das infraestructuras, por mellorar os servicios sociais e por outras variables que van directamente relacionadas coa calidade de vida. Non estaremos soportando ningún goberno se non vemos que esas sexan as súas prioridades. -¿Quere ser conselleira? -O que me preocupa agora é trasladar ó cidadán o noso programa. Estou aberta a traballar no que decida o meu partido. -¿Vese capaz de facer unha quiniela electoral en Pontevedra? -Eu non fago quinielas na vida real, e menos na política.