Héroes da língua galega

La Voz

VIGO

MUSEO VERBUM

03 mar 2007 . Actualizado a las 06:00 h.

Os Barballocas, unha historia de cinco personaxes fantásticos creados coa finalidade de animar e motivar aos nenos e familias a utilizar a lingua galega, estrease hoxe no Verbum. Verbalinda, Pepiño, Falamunda, Maldito e Sarela son os protagonistas dun espectáculo de monicreques de luva con música galega en directo, creados pola Empresa Mekané Didáctica. Durante todos os domingos de marzo o museo acollerá talleres didácticos de Os Barballocas cos actores disfrazados que recrearán a historia. Entrada 1 euro.