Encontros de Mondariz falará sobre a crise e a sociedade do coñecemento

vigo / la voz

VIGO

15 oct 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

A novena edición dos Encontros de Mondariz-Balneario, que organiza a Fundación Carlos Casares, porá a debate o tema Humanización e novas tendencias. A sociedade do coñecemento alén a crise. O encontro terá lugar entre o 18 e o 20 de outubro.

Os convidados a este encontro son o ex reitor da Universidade de Compostela, Darío Villanueva; Javier Echeverría, doutor en Filosofía pola Universidade Complutense de Madrid e doutor en Ciencias e Humanidades pola Universidade de París (Sorbonne); Haizam Amirah Fernández, investigador principal para o Mediterráneo e o Mundo Árabe no Real Instituto Elcano; Younes M?Jahed, presidente do Sindicato Nacional de Prensa Marroquí (SNPM) e vicepresidente da Federación Internacional de Periodistas; Enrique Dans, profesor de Sistemas e Tecnoloxía da Información do Instituto de Empresa (Madrid); e Domingo Docampo, ex reitor da Universidade de Vigo.

Reflexión

O Martes, Darío Villanueva desenvolverá a cuestión dos nativos dixitais. Xa pola tarde, Javier Echeverría proporá ao participantes o tema Das comunidades do coñecemento ás cidades do coñecemento. O mércores, Haizam Amirah Fernández falará da Información, poder e democracia nas dúas beiras do Mediterráneo. E ás 17 horas, terá lugar o faladoiro aberto titulado Os hábitos tecnolóxicos e o poder, coa participación de Lois Rodríguez Andrade, Luis Cuntín e Hakan Casares. Ás 20.00 horas, Younes Mjahed dirixirá a sesión pública titulada Información e redes sociais no mundo islámico. A mañá da derradeira xornada acollerá a exposición de Enrique Dans Política e disrupción: unha sociedade diferente e a de Domingo Docampo, Arredor da lectura dixital.

Os Encontros de Mondariz-Balneario celebran a súa novena edición como foro de debate estable sobre cuestións fundamentais do mundo contemporáneo. Foron creados ao pouco tempo do pasamento do escritor Carlos Casares.