Unha mala pregunta poucas veces ten unha boa resposta. Qué facemos co lixo?? E unha mala pregunta. Pero? qué consideramos lixo? Pode que a resposta resulte mellor. En realidade nada e lixo. No depósito que temos na cociña atopamos alimentos, papel, metal, vidro, envases? todo elementos que orixinalmente foron recursos naturais. A maxia se produce cando todos eses recursos os xuntamos na misma bolsa. Nese momento acabamos de convertir en lixo os recursos naturais.
Pero tamén elementos inertes: restos de obra, cascallos, áridos? un gran volumen e peso de elementos, en xeral, non contaminates (previa selección e separación)? como xestionar ese enorme volume?
Unha boa idea pode ser rexenerar canteiras e minas, pois eses escombros poden servir como base para devolver o perfil dos montes lacerados, e unha vez recubertos a súa vez por materia orgánica restaurar ecolóxicamente eses espazos degradados. Facer dita restauración tras o período de explotación e unha das obrigas legais das empresas que explotaron os recursos, non das administracións, pero esa e outra historia paralela.
O problema é cando facemos arqueoloxía do lixo e atopamos, baixo o estrato superior de áridos e escombros, unha segunda capa de electrodomésticos, papel e cartón, pilas e pinturas, plásticos e demáis.A partir dese frecuente «descubrimento do encubrimento», o que era unha boa idea se convirte nunha simple evidencia de que a cultura de agachar o lixo baixo a alfombra en lugar de limpar ten un límite. E neste planeta limitado xa non queda alfombra baixo a que agachar nada.