A sociedade permanecerá os próximos meses no Aero Club, na rúa Reconquista
25 jul 2015 . Actualizado a las 05:00 h.O traslado do Círculo Mercantil de Vigo á súa nova sede temporal na rúa Reconquista, no Aero Club, completouse onte deixando baleiro o edificio situado na rúa do Príncipe. O novo local está adaptado ao actual número de socios e conta con 400 metros cadrados.
Así o confirmou onte José María Otero, director xeral do Círculo, que engadiu que «o Aero Club será provisional, temos a previsión de buscar outro sitio definitivo», aínda que non hai nada decidido «estanse a ver varias cousas», pero a decisión tomarase «con calma». Respecto ao trato co Real Club Celta, aclarou que está «todo pechado».
Permanecen agora abertas as incógnitas de que pasará cona biblioteca, unha colección de 30.000 libros iniciada no ano 1892 e que contén curiosidades como as obras completas de Schiller en alemán. Esta colección está cedida o Concello de Vigo, pero todavía non se sabe que se fará con ela. Os libros foron retirados por operarios municipais en caixas de cartón. A sociedade cedeunos por tres anos á administración local, que se encargará de xestionalos. Será o Concello quen se encargue do custodio da colección artística da sociedade, na súa meirande parte pictórica, segundo o confirmou o alcalde, «xa que o seu volume é asumible». A intención do primeiro edil vigués é mostrar este conxunto «aínda que sexa de forma rotatoria».
Tampouco está resolto onde ensaiará a Coral Casablanca. O seu presidente, Ignacio Amoedo, mostrouse «completamente tranquilo», pois teñen hoxe «un concerto en Gijón e despois o de Castrelos, e logo ímonos de vacacións», polo que asegura que «non temos esa urxencia», e que «confiamos plenamente en que Concello nos apoiará, como o ten feito sempre». A última pregunta por resolver será a impugnación da asamblea na que se aceptou a venta ao Celta.
Está resolto o emprego que poderán facer os socios do ximnasio de Real Club Náutico, cun acordo da dirección de ambalas dúas sociedades, e que debido ao baixo número de usuarios que facían uso deste servicio na antigua sede «non entorpecerá aos nosos propios socios», aseguraba a presidenta do clube, Viviana García. O Círculo conta na actualidade con 6.000 socios, dos cales pagan de forma efectiva 4.000, sendo o resto beneficiarios. A dirección indicou que estase a revertir o proceso de baixas da sociedade.