Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

Premios da Crítica celebra a creatividade en Galicia

La Voz VIGO

VIGO

Xaquin Marín, Guadi Galego, Agustín Fernández Paz, Cineuropa, Miguel Vila, Xosé Ramón Pena Sánchez y A Panadería Teatro foros os premiados nesta XXXVIII edición

07 nov 2015 . Actualizado a las 22:27 h.

A XXXVIII edición dos Premios da Crítica de Galicia galardonou na categoría de música a Guadi Galego; na categoría de iniciativas culturais, ao Festival Cineuropa; Miguel Vila obtivo o premio na modalidade de cultura gastronómica; na de artes plásticas foi para Xaquín Marín; en creación literaria, a obra premiada foi ?A viaxe de Gagarin, de Agustín Fernández Paz; en investigación, resultou galardoado o traballo Historia da literatura galega II de Xosé Ramón Pena Sánchez; e en artes escénicas premiouse a obra Pan, pan, de A Panadería Teatro.

Os premiados déronse a coñecer nun acto celebrado no Hotel Os Escudos de Vigo, que presentou María Xosé Porteiro. Baixo o lema ?Non bebades auga durmida?, recollido dun artigo de Xosé Filgueira Valverde, xuntáronse trescentas cincuenta persoas representativas dos diversos ámbitos da política, da sociedade e da actividade cultural do país, entre as que se atopaban Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta de Galicia; Abel Caballero, alcalde de Vigo; Román Rodríguez, conselleiro de Educación e Cultura; Carmela Silva, presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra; Ignacio López Chaves, delegado territorial da Xunta de Galicia en Vigo; Antonio Coello, subdelegado do Goberno en Pontevedra; Goretti Sanmarín, vicepresidenta da Deputación da Coruña; Xosé Ramón Besteiro, secretario do PSdeG-PSOE; Elena Muñoz, portavoz do grupo municipal do Partido Popular, entre outros.