«Dei o paso para dar continuidade ao proxecto no que levo toda a vida»

VIGO

XOAN CARLOS GIL

Estévez considera que os dous cargos con compatibles e pensa que «debo dar abasto» durante catro anos

05 jun 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Abel Estévez xa exerce como adestrador e presidente do Balonmán Porriño, unha entidade que move a 200 deportistas dun xeito directo e que conta con equipos en todas as categorías de formación tanto masculinas como femininas, ademais do División de Honra feminino, o referente, e o masculino de Primeira Nacional. Consolidar o proxecto é o que animou ao responsable técnico do primeiro equipo a asumir a dobre función.

-¿Por que dá este paso?

-Isto ven debido a que Fernando Godoy, o anterior presidente, por tema de ocupación de empresa, non podía adicar o tempo necesario para estar ao 100 % co club, xa levaba tempo dicindo que tiñamos que buscar un relevo, tentamos buscar outra solución, pero non saíu e decidín dar un paso á fronte para darlle continuidad ao proxecto no que levo traballando toda a miña vida.

-¿Pensa que son compatibles ámbolos dous cargos?

-Entendo que son compatibles, nas duas facetas teño que buscar apoio, na económica xa temos nomeado tesoreiro e na parte burocrática a continuidade da administrativa e temos unha xunta directiva amplia e ainda se vai incorporar algunha xente máis. Na parte deportiva tamén teño que delegar algúns dos equipos nos que estaba traballando e adicareime só a levar escolas e o equipo de División Honra. Entendo que debo dar abasto con todo.

-¿Non terá por riba un traballo a maiores?

-Adícome profesionalmente ao balonmán. Dende que entrou Godoy na directiva, nos últimos nove anos estiven adicándome a adestrar balonmán.

-¿Ten experiencia na parte administrativa?

-Non son un técnico habitual e colaboraba na xestión do club en certas facetas. Agora tócame asumir a dirección.

-¿Que impón máis, buscar un patrocinio ou fichar?

-O que lle pedín ás miñas xogadoras é que se decidiran rápido e a plantilla está practicamente pechada e agora nestes dous meses que quedan para a nova campaña é fundamental a captación de novos patrocinadores.

-¿Aposta pola continuidade?

-Creo que a nivel deportivo estamos a vivir o mellor momento na historia do club, temos que darlle continuidade ao proxecto, igual un chisco máis austero, querendo dar máis protagonismo incluso a xente da canteira, pero manténdonos no nivel que temos agora, porque levamos catro anos entre os oito primeiros.

-¿Contará con xente de fóra ou só da casa para o equipo?

-No equipo feminino haberá algunha xogadora de fóra. Contiunuidade de Sara Gil, incorporamos a unha porteira arxentina que estaba no Granollers e poucas máis. En principio a idea é que haxa moitas xogadoras de Galicia e moitas xogadoras que pasaron polos nosos equipos de base.

-¿E o equipo de Primeira Nacional masculina?

-Construcciones Castro xa nos comunicou que non ía seguir e en principio cambiaremos de obxectivos e tamén de filosofía, buscaremos un equipo formado por xente de casa e co obxectivo de non descender.

-¿Cal é a estrutura do club?

-Temos 12 adestradores, hai xente na administración e logo na directiva 10 persoas e deportistas uns 200 federados e despois colaboramos coa Deputación e a federación galega nun programa na que traballamos casi con 300 menos.

-¿E para tanto con que orzamento contan?

-O ano pasado uns 300.000 euros, pode que algo menos, a idea é intentar baixar un pouco para estar ao día coa xente e cumprir cas compensancións pactadas. Temos a gran sorte de estar no concello que estamos.